HomePontevedraPontevedraDomínguez propón paralizar a A-57 e conectar o primeiro tramo coa AP-9...

Domínguez propón paralizar a A-57 e conectar o primeiro tramo coa AP-9 e o polígono de Ou Campiño

- Anuncio -spot_img

• O líder dos populares asegura que a fase 2 (A Ermida-Pilarteiros) e a fase 3 (Pilarteiros-Barro) “carece de sentido na actualidade” e posiciónase ao lado da plataforma veciñal que loita polos intereses das parroquias de Bora, San Andrés de Xeve, Santa María de Xeve e Verducido

• A proposta de acordo do PP solicita o arquivo do proxecto, conectar a rotonda da Ermida cos polígonos de Ou Campiño e A Reigosa, reinvestir o alto custo noutras infraestruturas do termo municipal e conseguir “unha AP-9 libre e gratuíta canto antes”

O portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, anunciou este xoves en rolda de prensa que defenderá unha moción no pleno municipal de novembro para paralizar as dúas fases restantes da autovía A-57 e reorientar o investimento cara a infraestruturas máis proveitosas para a cidade, comezando pola conexión do primeiro tramo entre Vilaboa e A Ermida coa autoestrada AP-9 en dirección Vigo e cos polígonos industriais de Ou Campiño e A Reigosa.

O líder do PP, acompañado polos concelleiros Martín Martínez e Bea Rey, reuniuse esta semana coa Plataforma de afectados pola autovía A-57 para acordar un texto propositivo “que responda as necesidades de 2025 e non á idea inicial, de principios do século XXI, para dotar a Pontevedra dunha circunvalación que non cumpriría esa función nin axudaría a desconxestionar de tráfico o centro da cidade”.

Neste sentido, defendeu que a mellor alternativa posible pasa por lograr “unha AP-9 libre e gratuíta canto antes”, que cumpriría esa función para mellorar os desprazamentos por estrada dos pontevedreses e do resto de cidadáns que se desprazan polas infraestruturas viarias que conectan o norte e o sur de Galicia.

Así mesmo, constatou, tras reunirse con técnicos de diferentes administracións, que a obra da A-57 actualmente proxectada para a fase 2, A Ermida-Pilarteiros, e a fase 3, Pilarteiros-Barro, “carece de sentido” e que continuar co investimento previsto “sería desperdiciar o diñeiro público, ademais do custo social que implicaría para as parroquias de Bora, San Andrés de Xeve, Santa María de Xeve e Verducido, con máis de 200 construcións afectadas, entre elas o CEIP San Andrés de Xeve”.

Domínguez apelou ás outras dúas formacións políticas da corporación municipal de Pontevedra para que voten a favor dunha proposta que “nace do sentido común” e que teñan a “suficiente empatía, intelixencia e sensibilidade” para destinar os recursos públicos a actuacións que son máis urxentes como a finalización do paseo peonil a Marín ou as obras paralizadas de reforma do nó de Bombeiros.

Tras máis de 60.000 alegacións dos afecEl xefe de filas dos populares insistiu na necesidade de conectar o tramo executado da A-57 co polígono de Ou Campiño, despois de que a Xunta de Galicia anunciase que destinará 11’6M€ á ampliación de 160.000 metros cadrados de chan industrial.

“En definitiva, desde o PP de Pontevedra trataremos de convencer ao BNG e ao PSOE para instar o Goberno de España a reinvestir o diñeiro das fases 2 e 3 da A-57, noutras infraestruturas prioritarias que non teñan un impacto enormemente prexudicial para as parroquias pontevedresas”, concluíu.

Publicacións Relacionadas