HomeBaixo MiñoA GuardaO Concello conta con biotrituradoras para o préstamo e estruturante

O Concello conta con biotrituradoras para o préstamo e estruturante

- Anuncio -spot_img
  • As máquinas poderanse solicitar para o seu uso durante unha semana

Durante a época de poda, o Concello da Guarda recorda que conta con biotrituradoras a disposicións dos veciños e veciñas.

Con elas poderase triturar restos de xardín, ramas, follas, restos leñosos… para obter estruturante ou acolchado. As persoas interesadas xa as poden solicitar na sede electrónica ou no rexistro. O préstamo terá unha duración de máximo de 7 días.

Ademais, tamén se dispón de estruturante para que se pode recoller no Punto Limpo ou Punto Verde no horario habitual de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas e os sábados de 8:00 a 13:00 horas.

Para calquera dúbida pódese enviar un correo electrónico a medioambiente@aguarda.es ou chamar ao 986 61 00 00.

Publicacións Relacionadas