HomePontevedraO CondadoO concello de Salvaterra de Miño presenta dentro do Plan Extra da...

O concello de Salvaterra de Miño presenta dentro do Plan Extra da Deputación de Pontevedra o proxecto de recuperación do entorno da Capela de San Roque de Leirado

- Anuncio -spot_img

O Concello de Salvaterra de Miño ven de presentar a solicitude para a convocatoria do Plan Provincia Extraordinaria – Plan Extra da Deputación de Pontevedra. Unha convocatoria que ten como obxecto a financiación de investimentos competitivos, transformadores e de relevancia estratéxica necesarios para abordar os retos de futuro, proxectos que contribuen, de maneira eficiente a vertebrar o territorio, impulsando a modernización e contribuido a fixar e atraer poboación.

Neste senso, o goberno local aprobou a solicitude de presentación do proxecto de humanización do entorno da Capela de San Roque en Leirado, cun orzamento de licitación de preto de 787.000 euros. Unha actuación que busca a humanización de espazos onde o peón gañe protagonismo. Na actualidade este entorno atópase en pavimento de firme bituminoso e non posúe zonas peonís, coa execución deste proxecto pretendese crear unha plataforma única, co fin de darlle protagonismo ó peón.

A zona de actuación conta cunha superficie aproximada de 2.667 m2, con anchos variables entre os 4,70 e os 17,00 m, onde se propón a ampliación das zonas peonís e a reducción do ancho da vía para o tránsito de vehículos, seguindo os criterios para a redacción de proxectos de mobilidade amable e recuperación de espazos públicos, Rede Ágora.

Nos accesos á capela e palco da música proponse a eliminación do pavimento bituminosos existente e a súa substitución polo pavimento de lousa granítica, co obxectivo de priorizar o uso peonil, pero respectando en todo momento a entrada de vehículos ás vivendas. Ademáis realizarase a renovación das tubaxes, soterramento de liñas de telecomunicacións e baixa tensión. Completarase a actuación coa colocación de mobiliario urbano composto por bancos e xardineiras. Por último reorganizarase a zona de aparcamento na contorna, coa creación dunha nova zona de estacionamento.

Publicacións Relacionadas