HomeOurenseOurenseAs novas liñas de autobús propician unha mellora significativa da puntualidade e...

As novas liñas de autobús propician unha mellora significativa da puntualidade e reducen un 92% os atrasos

- Anuncio -spot_img

A concesionaria constata unha mellora xeneralizada de todas as liñas do transporte urbano na cidade

A nova rede de liñas dos autobuses propiciou unha mellora significativa da puntualidade do servizo na cidade. Así o pon de manifesto un informe realizado pola empresa concesionaria Avanza, que indica que as incidencias ocasionadas por atrasos se reduciron nun 92%.

A empresa concesionaria sinala que “a mellora obsérvase de maneira xeneralizada en todas as liñas”, aínda que as que teñen un maior tráfico ou un percorrido máis longo “experimentaron un aumento proporcional da eficiencia grazas á optimización de tempos de percorrido e á priorización de recursos”.

O estudo tamén constata que a implementación da nova rede “incrementou o nivel de cumprimento das expedicións”, até acadar unha redución do 62% na perda de viaxes. Este feito permitiu “diminuír significativamente as viaxes non realizadas e mellorar a cobertura total do servizo”. A concesionaria atribúe estes resultados á simplificación de rutas, á mellor planificación dos recursos dispoñibles e á coordinación eficiente do persoal e dos vehículos.

Segundo Avanza “todas as liñas mostraron un comportamento positivo”, aínda que se detectan pequenas desviacións nas rutas máis longas ou nas que circulan por zonas de tráfico máis intenso.

O maior cumprimento de expedicións tamén permite garantir a regularidade de frecuencias e horarios, engade a empresa, que sinala que as reclamacións telefónicas por falta de puntualidade se reduciron “de maneira importante”.

A análise, que tiña como obxectivo avaliar o impacto da nova rede de transporte urbano implementada o día 16 de setembro na cidade, realizouse con medios propios da empresa e análise dos datos dos que dispón. Desde esa data, tamén se rexistrou unha redución do 14% nos transbordos, que pasaron do 7,77% ao 6,68%”.

Publicacións Relacionadas