- O grupo partiu desde o porto da Guarda e estaba formado por catro entidades diferentes
Esta mañá un grupo dunhas 40 persoas con discapacidade partiron desde o porto da Guarda para realizar parte da primeira etapa do Camiño Portugués pola Costa.
A concelleira de Igualdade e Voluntariado, Susana Álvarez, foi dar a benvida aos participantes e axudalos cos últimos preparativos. Estes estaban cheos de enerxía e con moitas ganas de desfrutar das paisaxes deste camiño. Ademais, durante o seu percorrido recollerán o lixo que atopen, concienciando ao resto de peregrinos da importancia de coidar o medio ambiente.
As entidades que participan nesta ruta son Aceesca do Porriño, o Centro Residencial Ocupacional Esclavas de la Virgen Dolorosa de Mos e o de Crecente e o Centro Juan María de Nigrán.
Bo camiño!



