O IMSERSO organiza o Programa de Termalismo Social dirixido a pensionistas da Seguridade Social, perceptores de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 anos cumpridos.
Este programa proporciona tratamentos termais a prezos reducidos en balnearios de todo o territorio nacional en regimen de aloxamento con pensión completa. As estancias son de 10 días de duración.
As persoas interesadas en participar neste programa poderán facelo a través da sede electrónica do IMSERSO, opción que recomendan desde a súa páxina ou poderán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, onde se lles facilitará o modelo de solicitude.
Os prazos para presentar as solicitudes son os seguintes:
. Ata o día 4 de decembro de 2025: para as quendas dos meses de febreiro a agosto ambos inclusive.
. Ata o día 15 de maio de 2026: para as quendas dos meses de setembro a decembro, ambos inclusive.



