O obxectivo é fomentar a creatividade, as manualidades e o espírito familiar que caracteriza a estas datas tan especiais. Unha oportunidade perfecta para compartir tempo, ilusión e talento, e manter vivas as tradicións de sempre.
O Nadal achégase e, con ela, a maxia, a creatividade e as tradicións volven encher as rúas de Baiona. O Concello de Baiona, a través da Concellería de Cultura, convoca unha nova edición do Certame de Micro-Beléns 2025-2026, unha cita entrañable que convida a familias de veciños e visitantes de todas as idades, e familias a deixar voar a súa imaxinación recreando o nacemento de Jesús en formato miniatura.
As persoas interesadas poderán inscribirse do 10 de novembro ao 8 de decembro de 2025, tanto na Oficina de Rexistro do Concello de Baiona como a través da Sede electrónica municipal (www.baiona.gal) onde están expostas as bases completas e os formularios de inscrición e poderán participar persoas de todas as idades, xa sexa de forma individual ou en familia.
Os micro-beléns deberán representar o tradicional portal con figuras como San José, a Virxe María, o Niño Jesús, os Reis Magos ou o anxo anunciador, o seu tamaño máximo permitido é de 30 x 60 centímetros, pero a creatividade non ten límites: materiais reciclados, ideas orixinais e detalles minuciosos serán benvidos.
Todas as obras expoñeranse ao público no edificio multiusos Mercado de Sabarís entre o 12 de decembro de 2025 e o 6 de xaneiro de 2026, enchendo o espazo de arte, tradición e espírito do Nadal.
O certame premiará o talento e a orixinalidade nas seguintes categorías:
- Micro-belén máis orixinal
- Micro-belén máis laborioso
- Micro-belén máis popular (segundo votación do público)
- Micro-belén infantil (para participantes ata 14 anos)
Ademais das anteriores categorías, o Concello convoca tamén o Premio ao mellor Belén familiar en domicilio particular, co que se busca recoñecer a creatividade e a ilusión das familias que manteñen viva esta tradición nas súas casas.
O Concello de Baiona anima a toda a cidadanía a participar e a converter este certame nunha auténtica festa da creatividade, a convivencia e o espírito do Nadal. “Queremos que Baiona volva encherse de maxia e de ilusión familiar, que cada micro-belén sexa unha pequena historia feita con agarimo”, sinala o Concelleiro de Cultura, Policarpo Vilar Misa.



