HomePontevedraPontevedraO PP sinala ao BNG de Lores por “enganar deliberadamente” sobre a...

O PP sinala ao BNG de Lores por “enganar deliberadamente” sobre a titularidade dos terreos das Marismas de Alba

- Anuncio -spot_img

• Os populares recriminan ao goberno local do BNG por culpar á Deputación durante un ano, mentres ocultaban que o terreo era de titularidade de Costas

• Guille Juncal esixe unha desculpa pública e a publicación do expediente completo da cesión de Costas para que os cidadáns comproben que “o BNG de Lores mentiu deliberadamente ao utilizar as Marismas de Alba como arma política”

O concelleiro do Partido Popular de Pontevedra Guille Juncal acusou ao goberno local do BNG de “enganar deliberadamente aos pontevedreses” en relación coa xestión das Marismas de Alba, despois de confirmarse esta semana que a Dirección Xeral de Costas concedeu oficialmente a xestión deste espazo natural ao Concello de Pontevedra.

“É inadmisible que o alcalde Lores e os concelleiros do BNG estivesen un ano enteiro culpando á Deputación de Pontevedra de desentenderse dun terreo que non lle pertencía á administración provincial. Sabían perfectamente que as Marismas eran de Costas e que a Deputación non podía intervir, pero preferiron mentir para inventarse un relato político en contra do PP e de Rafa Domínguez”, explicou o edil popular.

Juncal tamén lembrou que foi a Deputación de Pontevedra a que impulsou a recuperación e renaturalización da contorna, coa demolición da antiga imprenta provincial e do parque de maquinaria, transformando máis de 17.000 metros cadrados nunha nova zona verde para o goce da cidadanía.

“Cónstame que desde a Deputación realizouse un traballo rigoroso antes de que o terreo volvese ser xestionado polo Estado, unha vez concluídas as obras. En cambio, o BNG de Lores preferiu manter un discurso falso, sinalando á administración provincial, antes de recoñecer a realidade administrativa que saíu á luz esta semana”, sinalou.

Este xoves, o propio alcalde admitiu que ata esta semana non contaban no Concello de Pontevedra co título habilitante para actuar alí.

Unha versión que contrasta coa exposta polos concelleiros do BNG César Mosquera e Xaquín Moreda na comisión de Movilidad, Infraestruturas, Obras e Servizos do 9 de setembro de 2025: A concelleira do PP Raquel Martínez solicitou información sobre as Marismas de Alba e os nacionalistas responderon “que esa zona pertence á Deputación, estando pendente de cesión ao Concello de Pontevedra, máis existen aínda certas deficiencias que impiden a súa recepción”.

Fronte a esta mentira, o PP de Pontevedra reclamou ao goberno municipal do BNG “unha desculpa pública aos pontevedreses e aos traballadores da Deputación inxustamente sinalados” e pediulle que faga público o expediente completo da cesión para que a cidadanía “poida comprobar quen dixo a verdade e quen mentiu deliberadamente ao utilizar as Marismas de Alba como arma política, mentres ocultaban que nin sequera tiñan a cesión de Costas”.

Por todo iso, Juncal concluíu sinalando que “o relato do BNG sobre as Marismas de Alba hase desmoronado porque a titularidade era de Costas e non da Deputación que actuou correctamente, a diferenza do Concello de Pontevedra que volveu recorrer a unha mentira contra o seu rival político”.

Publicacións Relacionadas