HomeBaixo MiñoA GuardaO V Ciclo Sostendo o Futuro chega a súa fin cun obradoiro...

O V Ciclo Sostendo o Futuro chega a súa fin cun obradoiro de adornos de Nadal

- Anuncio -spot_img
  • As familias que se queiran inscribir deben mandar un correo a medioambiente@aguarda.es

O V Ciclo medioambiental Sostendo o Futuro chega á súa última actividade. Trátase do obradoiro “Un Nadal máis verde”, impartido pola Axencia Medioambiental Biophilia, en colaboración co Concello da Guarda.

Nesta actividade as familias aprenderán a elaborar adornos de Nadal con alternativas naturais, verdes e menos contaminantes. O obradoiro impartirase na Casa dos Alonso o próximo sábado 22 de novembro, de 10:30 a 12:30h.

As inscricións xa están abertas a través do correo medioambiente@aguarda.es. Lembramos que as crianzas deberán estar acompañados por un adulto.

Publicacións Relacionadas