Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López salienta a “expansión mundial sen descoidar o local” do grupo Celtic Estores Bandalux na...

Luis López salienta a “expansión mundial sen descoidar o local” do grupo Celtic Estores Bandalux na conmemoración do seu 25 aniversario

0
3

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, salienta a capacidade da empresa Celtic Estores Bandalux para converterse nunha referencia mundial na fabricación de cortinas de máxima calidade e de última xeración desde un concello rural da provincia de Pontevedra como é o de Moraña. O mandatario provincial participou na conmemoración do 25 aniversario da firma, unha celebración que tivo lugar este venres no pazo da Toxeiriña no que participaron traballadores da empresa e representantes de distintas entidades da sociedade da provincia.

“Pudendo escoller calquera área industrial de España ou de calquera país do mundo, a familia García elixiu a súa casa, as Rías Baixas, a provincia de Pontevedra; como capital dun imperio desde onde dirixen centros de traballo ubicados en Granollers, Miami ou Italia que producen as mellores e máis modernas cortinas do mundo”, louvou o presidente provincial.