HomeXunta de GaliciaTres proxectos da Coruña, Santiago e Vigo, gañadores na categoría de Disc-Jóckey...

Tres proxectos da Coruña, Santiago e Vigo, gañadores na categoría de Disc-Jóckey do Xuventude Crea 2025

- Anuncio -spot_img

— As propostas ‘Elviña rythms’, ‘Éter’ e ‘GlobalBass’ foron escollidas a pasada noite na final desta disciplina celebrada na Sala Pelícano da Coruña


— A gala de entrega de premios desta edición, que consta de 16 especialidades, celebrarase o 19 de decembro na Cidade da Cultura

Os proxectos Elviña rythms, Éter e Globalbass da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, respectivamente, resultaron ganadores na categoría de disc-jóckey do Xuventude Crea 2025. Así, se deu a coñecer na final celebrada onte na Sala Pelícano da Coruña e á que asistiu a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses.

Neste senso, a representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude celebrou “o enorme talento que temos entre a mocidade” e fixo fincapé “no compromiso do Goberno galego por darlle pulo á a creatividade e a innovación ademais de actuar como estímulo económico para a xuventude”. A gala final desta décimo sexta edición do Xuventude Crea terá lugar o vindeiro 19 de decembro na Cidade da Cultura

O primeiro gañador foi Lucas Valoria Cora, da Coruña, e a súa proposta Elviña rythms na que o autor busca mostrar o seu estilo musical dentro do sector e transmitir á pista o que sente cando produce. Trátase dun set de hard-bounce / hard-dance, un xénero moi presente na actual escena electrónica.

A continuación recoñeceuse a obra Éter de Inmaculada Veiga, de Santiago de Compostela, na que explora a transición entre a luz do día e a noite, transmitindo a sensación de intanxibilidade e fluidez propia do solpor. A proposta, realizada á luz do serán, combina ritmos e sons de diferentes contextos culturais, nunha mestura dinámica e heteroxénea.

Pola súa banda, Guillermo González, de Vigo, resultou gañador por GlobalBass, unha creación que xorde da experiencia de nacer na era dixital e consecuencia de anos de evolución e descubrimento persoal de diferentes xéneros musicais. Defínese como música de club para todo o mundo, unha fusión de estilos e enerxías que reflicte a globalización sonora contemporánea.
O disc-jóckey é unha das 16 especialidades que compoñen a convocatoria do Xuventude Crea, que segue a consolidar a súa alta participación, volvendo rexistrar ao redor de 600 persoas inscritas este ano. A iniciativa chega este ano á súa décimo sexta edición sendo un programa consolidado e con moi boa reputación no eido cultural e artístico galego. Por el terán pasado, coa participación deste 2025, algo máis de 6.000 mozos e mozas, con máis de 4.000 obras e proxectos creativos, e teranse repartido 700 premios cunha dotación que se aproxima a 1M€ en total.

Publicacións Relacionadas