HomeVigoMosO programa “Mos Recicla” do Concello de Mos inicia as súas charlas...

O programa “Mos Recicla” do Concello de Mos inicia as súas charlas informativas nas asociacións veciñais

- Anuncio -spot_img

O programa “Mos Recicla”, promovido polo Concello de Mos a través da súa concellería de Medio Ambiente, inicia mañá o seu ciclo de charlas informativas sobre reciclaxe nas diferentes parroquias do municipio, en colaboración coas Asociacións Veciñais de Mos.

A iniciativa, ademais de ofrecer información práctica sobre como separar correctamente os residuos, que vai en cada colector, o funcionamento do punto limpo ou a recollida de voluminosos, busca concienciar á cidadanía sobre o porqué e o para que da reciclaxe, nun contexto no que o tratamento dos residuos está a experimentar importantes cambios a nivel europeo e nacional.

De feito, en moitos concellos estanse a producir incrementos das taxas de lixo, derivados das novas normativas ambientais europeas e das medidas adoptadas polo Goberno de España para cumprir cos obxectivos de reciclaxe marcados por Europa.

Unha das principais causas é o novo imposto estatal á incineración e vertedura de residuos, que encarece o tratamento final do lixo. Por iso, os concellos que máis reciclen veranse beneficiados pola aplicación dun tipo reducido do canon ás administracións que logren incrementar o volume de envases e cartón recollido ou reducir o lixo da fracción resto.  En palabras simples: canto máis reciclamos, menos pagamos.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, subliñou que “estas charlas son unha ferramenta de información e de concienciación que nos axudan a entender que o reciclaxe non só é unha cuestión ambiental, senón tamén económica. Se reciclamos máis, reducimos custos e facemos de Mos un concello máis sostible e responsable”.

As charlas, abertas ao público, celebraranse nas seguintes datas e lugares:

Martes 11 de novembro ás 20:00 h – Dornelas (Local social).

Mércores 12 de novembro ás 19:00 h – Pereiras (Nosa Terra).

Sábado 15 de novembro ás 18:00 h – Sanguiñeda (Local Ledicia).

Venres 21 de novembro ás 19:00 h – Petelos (Local veciñal).

Sábado 22 de novembro ás 18:00 h – Cela (Local Celado).

Luns 24 de novembro ás 19:00 h – Torroso (Centro Dotacional).

Venres 28 de novembro ás 20:00 h – Herville (Centro cultural).

Con “Mos Recicla”, o Concello de Mos aposta por unha cidadanía informada e activa, capaz de comprender o impacto real das súas accións diarias e de contribuír a un futuro máis sostible para todos.

Publicacións Relacionadas