A actividade, gratuíta e, dirixida a público familiar a partir de 6 anos, enmárcase na programación Baiona Lila, organizado pola Concellería de igualdade do Concello de Baiona.
O Concello de Baiona organiza no Multiúsos de Sabarís durante o sábado 15 de novembro unha xincana familiar sobre corresponsabilidade, onde ñiños e adultos poderán xogar xuntos para descubrir fogares corresponsables: unha casa simulada co salón, cociña e habitación será o escenario que permitirá ás persoas participantes realizar probas cooperativas enfocadas á reflexión e aprendizaxe sobre a igualdade e a corresponsabilidade no día a día.
Non é precisa inscrición previa e poden participar en horario de mañá de 10.00 a 13.00 horas ou de tarde de 17.00 a 20.00 horas. A actividade está dirixida a público familiar a partir de 6 anos.
Con estes eventos, o Concello de Baiona quere dar visibilidade á responsabilidade da repartición das tarefas do fogar nunha contorna familiar e poñer en valor ese traballo que, sen ser remunerado, é a base da cooperación e o día a día nas familias.



