HomeBaixo MiñoA GuardaA gripe aviar provoca tomar unha serie de precaucións na Guarda

A gripe aviar provoca tomar unha serie de precaucións na Guarda

- Anuncio -spot_img
  • O serotipo do virus presenta unha alta mortaldade entre aves, pero con transmisibilidade baixa ás persoas

A Consellería do Medio Rural trasladou ao Concello da Guarda as medidas de prevención aplicables como zona de especial vixilancia (ZEV) ante a influenza aviaria. As medidas son de aplicación para calquera tipo de explotación avícola, sexa industrial, artesanal ou de pequena capacidade ou familiar de autoconsumo.

O bloque de medidas buscan evitar o contacto directo ou indirecto das aves domésticas coas silvestres:

– Queda prohibida a crías de aves de curral ao aires libre, deben recluír as aves en instalacións pechadas a cuberto

– Queda prohibida a cría de patos, ocas e gansos con outras especies de ave de curral.

– Queda prohibida a utilización de paxaros das ordes Anseriformes (parrulos ou similares) e Charadriiformes  (gaivotas e similares) como reclamo en actividades cinexéticas.

– Queda prohibido dar auga ás aves de curral procedente de depósitos aos que poidan acceder aves silvestres.

– Os depósitos de auga situados no exterior deben estar protexidos suficientemente fronte as aves silvestres ou as súas dexeccións.

– Queda prohibida a presenza de aves de curral ou outro tipo de aves cativas nos centros de concentración de animais, incluíndo os certames gandeiros, mostras, exhibicións e celebracións culturais.

Recordamos que o serotipo do virus da influenza aviaria provoca unha alta mortalidade entre as aves, pero unha transmisibilidade ás persoas reducido. Ante calquera dúbida, podes mandar un correo a medioambiente@aguarda.es

Publicacións Relacionadas