O alumnos e alumnas que integran esta promoción para cubrir un cento de prazas en 36 concellos galegos realizarán a primeira parte da formación teórica ata finais de xuño, durante o verán levaranse a cabo as prácticas nos seus municipios e en outubro volverán á Academia para rematar o curso
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o curso básico selectivo para o acceso a categoría de Policía Local correspondente á 18ª promoción que se formará na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp). Desta nova promoción forman parte os aspirantes que superaron o proceso selectivo unitario para optar un cento de prazas en 36 concellos, ás que se suman prazas doutros municipios que convoquen vacantes á marxe das oposicións unificadas.
A formación inclúe dous períodos centrados na teoría, desde o 2 de xaneiro ao 26 de xuño e do 5 ao 9 de outubro, e outro dedicado á práctica, desde o 27 de xuño ao 4 de outubro e desenvolvida nos seus concellos de procedencia. Abordaranse módulos relacionados cos ámbitos xurídico, operativo, asistencial, técnico, ou social-humanístico, así como policía de tráfico, administrativa, xudicial e de investigación, tendo máis de 900 horas lectivas na Agasp, xunto coas 500 horas de prácticas.
O curso básico é o último paso antes de que os integrantes da promoción poidan ser nomeados funcionarios de carreira. Previamente tiveron que superar os cinco exercicios do proceso selectivo: o test de coñecemento, a proba de lingua galega para as persoas aspirantes non exentas, as probas físicas, a proba psicotécnica para determinar as actitudes e aptitudes persoais e a súa adecuación ás funcións policiais e, por último, o recoñecemento médico para garantir que as persoas aspirantes estean nas condicións axeitadas para o desenvolvemento das funcións policiais.

Proceso selectivo unificado
Desde 2018, a Xunta, a través da Agasp, realiza os procesos selectivos unitarios do persoal de Policía Local mediante convenios cos concellos que ceden esta competencia no Goberno galego. Así, dos 126 municipios galegos con corpo de Policía Local, máis do 80% -incluíndo as sete cidades galegas – encomendan á Academia a selección dos seus axentes.
Ademais de formar as promocións de policía local e auxiliares e das categorías de mando, a Agasp é o centro de referencia da formación das forzas e corpos de seguridade e dos servizos de emerxencias, cun amplo plan de formación continua anual.