HomePontevedraO CondadoSalvaterra de Miño presenta o Campus de Conciliación de Nadal

Salvaterra de Miño presenta o Campus de Conciliación de Nadal

- Anuncio -spot_img

A inscrición, por orde de entrada no rexistro, comeza o 13 e remata o día 20 de novembro.

Co inicio das vacacións de Nadal nos centros escolares moitas familias atópanse con grandes dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. É por iso que o Concello de Salvaterra de Miño, como ven facendo durante xa varios anos, realiza dentro do seu programa de conciliación o Campus de Nadal.

Dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2014 e 2022 cun máximo de 25 prazas, levarase a cabo durante os días 22, 23, 24, 26, 29, 30 e 31 de decembro e 2, 5 e 7 de xaneiro. O horario será de 09:00 a 14:00 horas coa posibilidade de aula matinal cun mínimo de 10 nenos en horario de 07.30 a 9.00h. O prezo do campus é de 60 euros.

As solicitudes formalizaranse entre o 13 e ata o 20 de novembro ou ata esgotar prazas a través de sede electrónica (un rexistro por cada neno ou nena) ou ben por rexistro de entrada no Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Publicacións Relacionadas