HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece este xoves "Casablanca" no cine municipal da...

O concello de Nigrán ofrece este xoves “Casablanca” no cine municipal da Ramallosa e o sábado “E.T El extraterrestre”

- Anuncio -spot_img

Ambas proxeccións son ás 18:00 horas e gratuítas mediante retirada de invitación desde as 17:00 horas

O Concello de Nigrán ofrece este xoves 13 de novembro ás 18:00 horas no Cine Municipal (Centro Comercial A Ramallosa) a película ‘Casablanca’, mentras que o sábado á mesma hora proxectarase ‘E.T. El extraterrestre’. Como todas as proxeccións neste espazo público son gratuítas mediante retirada de invitación na propia taquilla desde unha hora antes do comezo e ata esgotarse o aforo. A selección das longametraxes infantís (sábados) corre a cargo da ‘Xeración Xa!’, o órgano de participación infantil e xuvenil do Concello de Nigrán, e ás dos xoves a partir da semana que ven corresponderá a algunha das suxerencias ofrecidas polos asistentes.

Os seguintes sábados de novembro proxectarase ‘Gru, mi villano favorito’ (día 22) e ‘Charlie y la fábrica de chocolate’ (día 29).

Casablanca é unha película estadounidense do ano 1942 dirixida por Michael Curtiz e unha das longametraxes mellor valoradas da cinematografía estadounidense, gañadora de varios premios Oscar, incluíndo o de mellor película en 1943. Narra un drama romántico na cidade marroquí de Casabranca baixo o control do goberno de Vichy. Está protagonizada por Humphrey Bogart no papel de Rick Blaine e Ingrid Bergman como Ilsa Lund. O desenvolvemento céntrase no conflito de Rick entre “o amor e a virtude”: Rick deberá escoller entre a súa amada Ilsa ou facer o correcto. O seu dilema é axudala ou non a escapar de xunto ao seu esposo, un dos líderes da resistencia, para que este poida continuar a súa loita contra os nazis.

Pola súa banda, ‘E.T. El extraterrestre’ é unha película familiar dirixida por Steven Spielberg que ten marcada a infancia de millóns de persoas trala seu estrea en 1982 e que segue constituíndo un fito na Historia do cine.–

Publicacións Relacionadas