O proxecto conta cun orzamento próximo aos 300.000 euros e se atopa actualmente en fase de licitación, co remate do período de presentación de ofertas por parte das empresas interesadas fixado para o vindeiro martes, 18 de novembro
O alcalde, Jacobo Pérez, lembra que esta obra é de vital importancia para seguir garantindo servizos básicos no rural e destaca que os traballos serán financiados a través de fondos propios do Remanente de Tesourería
O Goberno municipal de Caldas de Reis prevé iniciar as obras para a construción da nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) do Fieitoso, na parroquia de Carracedo, antes de que remate o ano. Así o confirmou este martes o alcalde, Jacobo Pérez, lembrando que esta é unha das actuacións máis ambiciosas que o Concello contempla para continuar avanzando “en garantir servizos básicos de calidade para toda a veciñanza, poñendo especialmente o foco no rural”. Actualmente, o proxecto atópase en fase de licitación. En concreto, permanece aberto o prazo para a presentación de ofertas por parte daquelas empresas que poidan estar interesadas en asumir estes traballos. O período para participar no concunso, previo á adxudicación definitiva, finalizará o vindeiro martes, 18 de novembro. O proxecto saíu a licitación unha vez obtidos todos os permisos correspondentes.
O prazo de execución da construción da futura EDAR será de tres meses, polo que, salvo imprevistos, a depuradora poderá entrar en funcionamento no segundo trimestre de 2026. O orzamento do proxecto rolda os 300.000 euros. Cómpre lembrar que esta actuación levarase a cabo con fondos propios, provintos do Remanente de Tesourería correspondente ao exercicio de 2024. “Desde o primeiro momento nos marcamos o obxectivo de garantir obras de gran calado, enfocadas sobre todo a mellorar infraestruturas, servizos básicos e calidade de vida para todas as veciñas e veciños de Caldas de Reis”, explica Jacobo Pérez. No caso da EDAR, o Concello prevé que a infraestrutura dea servizo a preto de medio millar de habitantes nos lugares de Cortiñas, O Feitoso, O Gorgulloón e Casalderrique.
Hai que lembrar que, ademais da EDAR de O Fieitoso, co Remantente de Tesourería tamén se finanicarán outros proxectos de gran
importancia para Caldas de Reis, como a transofrmación da contorna do Campo da Torre, que tamén conta con fondos da Deputación de Pontevedra; así como melloras nos vestiarios do Pavillón Municipal de
Deportes. “Con este tipo de actuacións e obras continuamos a traballar na consolidación dun futuro que sexa sinónimo de calidade de vida para a nosa veciñanza e as futuras xeracións”, finalizou o alcalde.



