HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda acolle unha obra musical infantil este sábado

A Guarda acolle unha obra musical infantil este sábado

- Anuncio -spot_img
  • A obra “A meiga da fonte” alerta do mal uso das tecnoloxías e das redes sociais

Este sábado tócalle ao público infantil desfrutar do teatro no Centro Cultural. Para iso, chega a obra “A meiga da fonte”, a partir das 18:00h-

A meiga Silva vive nunha fonte que concede desexos á xente de bo corazón. Cada ano, a fada Pupeiriña axúdaa a facer un meigallo para manter os seus poderes. Pero

últimamente, anda moi distraída co TikTok e o Instagram, xa que pretende ser a primeira fada influencer. Grazas ás súas publicacións, o malvado Lambirón localiza a fonte e envelena as súas augas. Pupeiriña precisará da axuda de Diantre e dos nenos e nenas do público para axudar a Silva e recuperar o poder das augas.

Neste musical orixinal da Escola Galega de Teatro Musical, conxúganse tradición e actualidade. Mediante figuras do imaxinario popular galego, alértase das consecuencias do mal uso da tecnoloxía e das redes sociais. Ao mesmo tempo, ponse en valor o patrimonio natural galego e o seu mantemento.

Publicacións Relacionadas