O proxecto, cun orzamento de 3,5 millóns, prevén executar 6 ramplas mecánicas que salvarán a forte pendente existente entre a Praza e o Instituto do Couto
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense desenvolverá mañá, xoves, 13 de novembro, a súa sesión ordinaria desta semana, con 14 asuntos na súa orde do día.
Servizo de Contratación (1) Aprobar o expediente para contratar, por procedemento aberto, as obras do “proxecto de humanización e mobilidade vertical na contorna da rúa Rampa de Sas”. Cun orzamento de licitación de 3.595.500 euros, IVE engadido, esta actuación prevé construír 6 ramplas mecánicas que salvarán a forte pendente existente entre o inicio da rúa Rampa de Sas, na confluencia coa Praza do Couto, e o seu remate, nas proximidades do Instituto, para facilitar o acceso peonil nunha das zonas con maior desnivel da cidade.
O proxecto mellorará a accesibilidade a equipamentos educativos moi importantes, como o instituto e o colexio do Couto, a unha ampla zona residencial, que abrangue rúas como Francisco Asorey, Silvio Fernández e unha urbanización, entre outras, así como a zonas como Salto do Can, Rabo de Galo, Cabeza de Vaca e o barrio da Carballeira
Licenzas (3). Tratará dúas solicitudes de licenza: unha para a construción dunha vivenda unifamiliar na Urbanización Pazo de Ramirás e outra para unha segregación de parcelas na estrada de Sabadelle. Tamén dará conta dunha solicitude de declaración de innecesariedade de licenza de segregación dun local na Travesía de Vasco Díaz Tanco.
Avogacía Consistorial (10). Dará conta de dúas sentenzas ditadas polo xulgado do Contencioso-Administrativo numero 2 de Ourense e de dous decretos ditados polos xulgados de Primeira Instancia número 3 e contencioso número 2. A Xunta Local tamén será informada de que o Concello foi emprazado para comparecer diante dos xulgados do Contencioso-Administrativo numero 1 e 2 de Ourense en 5 procedementos abreviados e diante do Xulgado de Instrución número 1 nunhas dilixencias previas.



