HomeA CoruñaO Concello impón cinco sancións a Urbaser por incumplimentos no contrato no...

O Concello impón cinco sancións a Urbaser por incumplimentos no contrato no servizo de limpeza

- Anuncio -spot_img

O Concello resolveu cunha sanción que suma 20.000 euros o expediente aberto a Urbaser por incumprimento das condicións recollidas no contrato para a prestación do servizo de recollida convencional de residuos e limpeza viaria no termo municipal. O procedemento aberto rematou coa detección de cinco sancións cualificadas como moi graves, graves e leves e rexeitou as alegacións presentadas pola sociedade, xa que “non desacreditan os feitos probados”.

O Concello impón cinco sancións a Urbaser por incumplimentos no contrato no servizo de limpeza
A resolución declara a Urbaser responsable das infraccións en materia de medios persoais, materiais (infraestrutura informática e tecnolóxica), reposición/substitución de illas soterradas, cuarteliños non operativos e limpeza e desinfección de contedores, cometidas na execución do contrato de prestación do servizo de recollida convencional de residuos e limpeza viaria neste termo municipal, ao quedar acreditados no expediente os feitos imputados.

Concretamente, impón unha sanción moi grave de 9.015,19 euros pola falta dos medios persoais comprometidos; unha sanción grave de 3.0005,6 euros pola falta e demora na posta a disposición do servizo da infraestrutura informática e tecnolóxica comprometida; dúas faltas leves de 1.000 euros cada unha polo atraso na reposición/substitución de illas soterradas e por non ter operativos un dos cuarteliños para as brigadas de limpeza; e unha falta grave de 6.005,12 euros polas deficiencias na limpeza e desinfección de contedores.

Adicionalmente a este expediente, o Concello aplica cada mes os descontos que corresonden por servizos non prestados que constantan as auditorías. Entre xaneiro e setembro deste ano, os descontos nas facturas suman 128.636,69 euros.

O Concello mantén a vixilancia sobre o cumprimento escrupuloso do contrato para velar polo interese xeral. Ao mesmo tempo, anima a toda a poboación a despositar correctamente o lixo nos colectores correspondentes e a aumentar a separación das diferentes fraccións.

Publicacións Relacionadas