HomeXunta de GaliciaA Xunta publica a convocatoria para 2026 das probas para exercer como...

A Xunta publica a convocatoria para 2026 das probas para exercer como xestores de transporte de viaxeiros ou de mercadorías por estrada

- Anuncio -spot_img

As persoas interesadas disporán de ata catro chamamentos para facer o correspondente exame e haberá tamén catro períodos de inscrición a partir de mañá

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para o vindeiro ano das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor en empresas de transporte por estrada, de viaxeiros e de mercadorías. As persoas interesadas disporán de ata catro chamamentos para a realización do correspondente exame.

Nesta convocatoria ábrense catro períodos de inscrición: o primeiro desde o 14 de novembro ata o 21 de xaneiro de 2026, o segundo do 22 de xaneiro ao 15 de abril, o terceiro desde o 16 de abril ao 13 de xullo e o cuarto desde o 14 de xullo ata o 9 de outubro. Prevese que os exames se leven a cabo entre o 23 de febreiro e o 31 de marzo de 2026, o 18 de maio e o 30 de xuño, o 31 de agosto e o 30 de setembro e entre o 10 de novembro e o 18 de decembro, convocándose previamente aos inscritos.

Os exames constan de dúas probas, unha teórica de 200 preguntas tipo test e outra práctica con catro supostos prácticos tipo test, de dúas horas de duración cada unha, e que se realizarán unha seguida da outra.

Cómpre lembrar que a Lei de ordenación dos transportes terrestres esixe reunir o requisito da competencia profesional para exercer a función de transportista por estrada.

Publicacións Relacionadas