HomeXunta de GaliciaA Xunta garante que dous de cada tres servizos do transporte público...

A Xunta garante que dous de cada tres servizos do transporte público de Galicia realízase en autobuses accesibles para persoas con mobilidade reducida

- Anuncio -spot_img
  • A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, sinalou que o Goberno galego fixa nas condicións de accesibilidade que deben cumprir os contratos licitados no Plan de Transporte Público de Galicia condicións máis esixentes que a normativa estatal
  • As 127 concesións dispoñen de prazas accesibles e a metade dos vehículos tamén son accesibles
  • A Xunta mantén o compromiso para garantir a accesibilidade nas paradas e vén de licitar melloras que suporán un investimento de 7M€ en 2025

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, lembrou hoxe no Parlamento galego que os contratos licitados no marco das concesións do Plan de Transporte Público de Galicia que están en vigor desde 2020 contan con criterios máis esixentes sobre os mínimos establecidos pola normativa estatal. Así, aclarou que dous de cada tres servizos do transporte público de Galicia realízanse con autobuses accesibles para persoas con mobilidade reducida.

Mentres que o Real Decreto 1544/2007 polo que se regulan as condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e utilización dos modos de transporte para persoas con discapacidade recolle que os servizos prestados por unha comunidade onde haxa asignados 10 ou máis autobuses, o 10% deses vehículos sexan accesibles, en Galicia todas as 127 concesións dispoñen de prazas accesibles e o 50% dos vehículos adscritos ao transporte interurbano tamén o son. Isto supón, polo tanto, cinco veces máis que o mínimo establecido pola normativa estatal. Ademais, como aclarou, dous de cada tres servizos préstanse con autobuses accesibles.

Nesta liña, a directora xeral engadiu que as persoas usuarias poden solicitar servizos de transporte á demanda nas localidades dispoñibles e, de feito, xa se levan atendidas 260 reservas de servizos adaptados no que vai de ano.

Na súa intervención, Judit Fontela sinalou que a Xunta conseguiu levar máis servizos de autobús a máis lugares tanto no rural como nas contornas metropolitanas e con mellores condicións para as persoas usuarias. Como exemplo, indicou que a rede de autobuses da Xunta garante que o 97% da poboación galega teña unha parada a menos dun quilómetro do seu domicilio. Trátase dun servizo -engadiu- con prezos bonificados para os viaxeiros máis recorrentes ou con descontos a familias numerosas. Tamén as bonificacións cofinanciadas polo Estado, como a Tarxeta Xente Nova e a tarifa +65, permiten a gratuidade de 60 viaxes ao mes para menores de 21 anos e maiores de 65 anos, respectivamente.

A Xunta garante a accesibilidade tanto nas condicións dos vehículos e na planificación dos servizos como co compromiso coa accesibilidade nas paradas e, neste sentido, o Goberno galego ten en licitación melloras en 165 paradas en case unha trintena de concellos, que suporán sete millóns de euros en 2026. Estas actuacións enmárcanse no Plan de mellora e seguridade e accesibilidade das paradas de autobús que o Goberno galego ten en marcha nas estradas autonómicas para actuar en 1.100 paradas en toda Galicia cun investimento total de case 35 millóns de euros.

Por outra parte, Judit Fontela explicou que o mapa concesional de autobús estatal  proposto de maneira polo Goberno central a través da Lei de Mobilidade Sostible non é inclusivo nin accesible ao incrementar as desigualdades territoriais en Galicia e afectar aos tráficos máis rurais.

Publicacións Relacionadas