O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu este xoves no Parador de Pontevedra ao almorzo-coloquio do Rotary Club protagonizado pola expresidenta da Comunidade de Madrid Esperanza Aguirre. O encontro tivo como eixe central a situación política actual e forma parte dun ciclo de encontros co obxectivo de fomentar o diálogo e o intercambio de ideas. Parte da recadación do evento destinarase a accións contra o maltrato e o abuso infantil.



