HomeA CoruñaInés Rey lamenta a falla de consenso para aprobar o manifesto conxunto...

Inés Rey lamenta a falla de consenso para aprobar o manifesto conxunto do 25-N, Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero

- Anuncio -spot_img

A rexedora e vicepresidenta primeira da FEMP lembrou que “esta era unha das causas que nos unían a todas e a todos” e apuntou a que á formación popular “non lle importa usar a dor das vítimas para os seus intereses”

A alcaldesa da Coruña e vicepresidenta primeira da Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), Inés Rey, lamentou este xoves “a utilización partidista das institucións públicas nunha das causas que nos unían a todas e a todos: a loita contra a violencia de xénero”.

Rey, acompañada esta mañá por Candelaria Testa, rexedora de Alcorcón e vicepresidenta da comisión pola Lucha contra la violencia de Género na FEMP, atendeu aos medios de comunicación esta mañá ante a sede da Federación, en Madrid, onde amosou o seu “profundo disgusto” polo rexeitamento do PP a un manifesto conxunto de cara ao 25-N, Día Internacional da Loita contra a Violencia de Xénero, “máis de 40 anos despois de que a democracia chegase aos concellos do país, conformándose a FEMP como un espazo de encontro e diálogo”.

Na súa comparecencia, Rey apuntou ao PP indicando que “non lles importa usar a dor das vítimas para os seus propios intereses, con oposición permanente ao Goberno de coalición”, apuntando ao consenso que existía anteriormente entre todos os grupos presentes na xunta de goberno da FEMP con respecto á loita contra a violencia de xénero.

Publicacións Relacionadas