HomeO CondadoMondariz BalnearioO Concello de Mondariz Balneario festexa o Día Internacional do Patrimonio Mundial...

O Concello de Mondariz Balneario festexa o Día Internacional do Patrimonio Mundial coas xa III Xornadas organizadas en colaboración coa UNED-Pontevedra

- Anuncio -spot_img

O Concello de Mondariz Balneario festexa o 16 de novembro, Día Internacional do Patrimonio Mundial coas xa III Xornadas organizadas en colaboración coa UNED-Pontevedra, que se desenvolverán mañán venres día 14, na Sala de Cultura da Casa do Concello (rúa da Constitución, núm.1), en horario de 16.30 a 20h.

Nesta edición, acompáñannos Pepe Barro, deseñador gráfico, ilustrador e escritor, Premio da Crítica de Galicia 2024 na categoría de Artes Visuais; e os Profs. Drs. Carlos Pazos-Justo (Universidade do Minho, UM) e Domingo Luis González Lopo (Universidade de Santiago de Compostela, USC). Profesionais todos eles de recoñecida competencia nos seus ámbitos respectivos; Barro como deseñador “ao que lle gusta tocar todos os xéneros da profesión e mesmo procura mesturar uns cos outros” e que fará unha mención ao “efecto Mondariz”; e a emigración deste sur da provincia de Pontevedra a Portugal, concretamente a Lisboa, veículo canalizador e de intercambio de costumes e tradicións, de identidades tamén, entre a nosa terra, e a terra de acollida. Ambos valores, o Deseño gráfico e a Emigración, fan parte dese amplo abano de manifestacións que integran o Patrimonio Cultural, e a asistencia aos relatorios sobre eles, alén de presencial, poderá ser tamén na modalidade on-line en directo ou diferido previa matrícula gratuita na Web dos Cursos de Extensión Universitaria da UNED, no seguinte enlace: https://extension.uned.es/actividad/47047

Publicacións Relacionadas