HomePontevedraDezaO dumping social no sector do autobús, unha ameaza real de competencia...

O dumping social no sector do autobús, unha ameaza real de competencia desleal que se debaterá en ExpoBus Iberia 2025

- Anuncio -spot_img
  • ESTE TIPO DE PRÁCTICAS ILEGAIS, COMO AFECTAN AO PRESENTE E FUTURO DAS PEMES DO SECTOR OU AS MEDIDAS PARA ERRADICARLO, SERÁN ALGÚNS DOS TEMAS QUE SE ABORDARÁN NUNHA XORNADA ORGANIZADA NO MARCO DO CERTAME POR DIREBUS
  • ESTA CUARTA EDICION DA FEIRA DO TRANSPORTE DE VIAXEIROS POR ESTRADA CELEBRARASE DO 20 AO 22 DE NOVEMBRO NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA (SILLEDA, PONTEVEDRA)

A cuarta Feira do Transporte de Viaxeiros por Estrada, ExpoBus Iberia 2025, a cal se celebrará do 20 ao 22 de novembro na Feira Internacional de Galicia ABANCA, suma ao seu programa de conferencias unha interesante xornada técnica organizada pola Asociación de Empresas de Autocares DIREBÚS.

Impartida polo presidente da entidade, Alfonso Taborda, baixo o título “O dumping social, barreiras á competencia polo mercado”, abordará unha das ameazas reais que a pequena e mediana empresa do sector do autobús sofre con maior frecuencia, a competencia desleal de empresas buzón estranxeiras que alteran o normal desenvolvemento da igualdade de oportunidades para realizar actividades de servizos.

Estas empresas estranxeiras, coa escusa de realizar un circuíto internacional, proceden a realizar servizos de transporte nacional tras facer orzamentos moi por baixo do que poden levar a cabo as empresas españolas, xa que os seus convenios colectivo e impostos nos seus países de orixe son moito mais baixos que os españois. Ademais, non cumpren a normativa comunitaria de cabotaxe máxima a realizarse en España e tampouco pagan impostos no noso país.

Estas empresas buzón mesmo adoitan focalizarse de maneira permanente en polígonos industriais próximos ás grandes cidades, con frota fixa dispoñible para en calquera momento levar a cabo servizos ilegais de transporte preferentemente discrecional.

Unha das demandas de Direbús

Esta competencia desleal foi denunciada en multitude de ocasións por Direbús, en calidade de organización empresarial membro de pleno dereito do departamento de Viaxeiros do Comité Nacional do Transporte por Estrada, solicitando férreas inspeccións nas súas bases de operacións e na estrada sobre vehículos de nacionalidades estranxeiras que acaben con fortes sancións que lles leven a retornar aos seus países de orixe.

Nesta xornada de ExpoBus Iberia, que terá lugar o día 20 de novembro ás 16.00h, unha vez máis Direbús expoñerá esta problemática.

Publicacións Relacionadas