HomeA CoruñaA CoruñaO Concello avanza co plan de melloras previsto no barrio dos Rosales,...

O Concello avanza co plan de melloras previsto no barrio dos Rosales, coa saída a concurso das obras para acondicionar o Camiño do Cura

- Anuncio -spot_img

O investimento será superior aos 530.000 euros e permitirá habilitar un itinerario peonil accesible e mellor iluminado entre as rúas Simón Bolívar e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

O acondicionamento do Camiño do Cura, unha das principais demandas da veciñanza no barrio coruñés dos Rosales, xa está un paso máis preto de ser unha realidade, tras a saída a concurso das obras de construción da nova senda peonil entre as rúas Simón Bolívar e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A alcaldesa, Inés Rey, informou esta mañá da apertura do proceso administrativo para contratar os traballos, paso previo á execución dunha intervención que conta cun investimento de 530.000 euros, cofinanciados entre o Concello e a Deputación, grazas ás achegas do Plan Único (POS+2025).

A adecuación do Camiño do Cura é un dos obxectivos fixados polo Executivo local neste mandato. Tras acometer previamente a expropiación dos terreos e garantir así a titularidade pública dos mesmos, o Concello avanza ahora na urbanización deste percorrido, lindeiro co complexo parroquial de Nosa Señora dos Rosales e “onde é prioritario actuar sobre o percorrido peonil para mellorar o tránsito das persoas viandantes e garantirlle á cidadanía un acceso máis cómodo e seguro”.

A previsión do Concello é remodelar íntegramente a senda peonil, modernizando os materiais do pavimento e creando un percorrido totalmente accesible, ao longo do cal se disporán novas luminarias para mellorar a iluminación na súa contorna. Tamén se adaptará  a rede de pluviais existente.

Ademais, aproveitarase para ampliar as zonas verdes a carón da senda, onde tamén está previsto dispor novos exemplares de arboredo, en liña cos obxectivos fixados polo Goberno de Inés Rey de cara ao ano 2026, que prevé a plantación de 2.000 novas árbores na cidade só no vindeiro exercicio. Esta cifra inclúe, precisamente, os exemplares que se plantan ao abeiro das obras de mellora e reurbanización que se executan nos barrios, como será o caso do Camiño do Cura.
Toda vez se adxudiquen os traballos, fíxase o prazo de execución en cinco meses.

Tras a apertura da pista multideporte, novos investimentos nos Rosales

Esta mañá, Inés Rey subliñou o compromiso do Goberno local para dar resposta ás demandas da veciñanza dos Rosales.
Coa intervención no Camiño do Cura xa encarrilada e as obras en fase de licitación, o Concello avanza coa súa folla de ruta no barrio, onde a mediados deste ano tamén se habilitou unha nova pista multideporte ao aire libre, a carón da estrada dos Fortes.

Este equipamento deportivo, o primeiro deste tipo que se dispuxo no barrio, supuxo un investimento de case 200.000 euros. A instalación, de libre acceso para a cidadanía, permite a práctica simultánea de diversas disciplinas deportivas como baloncesto, balonmán e fútbol sala, entre outras.

Publicacións Relacionadas