A formación desenvolverase no 22 de novembro
A Concellería de Benestar Animal de Ribeira pon en marcha unha acción focalizada na mellora da xestión das colonias felinas presentes no municipio.
En consecuencia, a docente Ángeles Doval impartirá un curso de iniciación e reciclaxe do manexo de colonias felinas. Será no sábado, 22 de novembro, en horario de 16.00 a 20.00 horas, no Centro Cultural Lustres Rivas.
Con relación ao mesmo, o concelleiro de Benestar Animal, Eladio Muñiz, explica que se trata dunha medida para “formar as persoas participantes no coidado dos grupos de gatos de maneira adecuada e, en consecuencia, garantir o correcto funcionamento das colonias felinas.” Consistirá, polo tanto, na formación e acreditación inicial e renovación das acreditacións vencidas das persoas colaboradoras do programa CER (Captura-Esterilización-Retorno) no concello ribeirense.
A entrada é libre ata completar a cabida.



