HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación destina 195.400 euros á restauración da senda fluvial do río...

A Deputación destina 195.400 euros á restauración da senda fluvial do río Tea en Ponteareas

- Anuncio -spot_img

O presidente provincial, Luis López, subliñou que a senda, que precisa desta intervención para a súa conservación, sitúase na área recreativa de Moscadeira, no límite co concello de Mondariz

Esta actuación enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Condado-Paradanta. Unha terra entre ríos, financiado cos fondos NextGenerationEU

A Deputación de Pontevedra destina 195.400 euros á restauración da senda fluvial do río Tea, en Ponteareas. O presidente provincial, Luis López, subliñou que a senda, que precisa desta intervención para a súa conservación, sitúase na área recreativa de Moscadeira, no límite co concello de Mondariz.

Con estes recursos, que tal e como informou Luis López enmárcanse no Plan de Sostibilidade Turística en Destino Condado-Paradanta. Unha terra entre ríos, financiado con fondos NextGenerationEU, vanse realizar actuacións para recuperar esta zona, considerada de gran interese ambiental, cultural e recreativo, que se trata dun nexo de unión entre parroquias e termos municipais.

A senda fluvial do río Tea en Ponteareas conta cunha importante afluencia de usuarios e representa, tal e como subliñou o presidente da Deputación Luis López, “á perfección a paisaxe do bosque de ribeira da provincia de Pontevedra”.

Publicacións Relacionadas