HomePontevedraO SalnésO BNG alerta do colapso existente nos centros de saúde de Vilalonga...

O BNG alerta do colapso existente nos centros de saúde de Vilalonga e de Baltar

- Anuncio -spot_img

Numerosos usuarios e usuarias xa non poden obter cita co seu médico de cabeceira ata o vindeiro mes de decembro, o que se traduce en listas de agarda que superan as tres semanas

O Bloque carga contra “a política depredadora do PP”, que “só busca privatizar a sanidade, poñendo en risgo a Atención Primaria” e critica ao alcalde, Telmo Martín, por non ser quen de poñer solución a este problema ante o seu propio partido, o que “demostra o seu nulo peso político”

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Sanxenxo alerta dunha nova situación de colapso que se está a vivir nos Centros de Saúde de Baltar e do Revel, na parroquia de Vilalonga. En ambos casos, os nacionalistas pudieron constatar que xa non se concertan citas cos médicos e médicas de cabeceira ata o vindeiro mes de decembro. O Bloque advirte de que “agora mesmo para moitos usuarios e usuarias destes centros xa non é posible ter unha cita co seu doctor ou doutora de cabeceira no que queda de novembro, cando aínda estamos chegando á metade do mes”. Isto quere dicir que moitas das persoas afectadas deberán agardar, como mínimo, máis de dúas semanas para poder sere atendidas presencialmente ou por teléfono.

O BNG lamenta que, lonxe de ser unha novidade, este tipo de colapsos xa se teñen producido en máis dunha ocasión tanto en Baltar como en Vilalonga. “Esta é a consecuencia da política depredadora da Xunta do Partido Popular, que no seu afán de privatizar servizos está provocando o desmantelamento da Atención Primaria”, critican os nacionistas. O Goberno autonómico non cubre baixas ou permisos dos e das profesionais, o que provoca unha saturación que “acaban pagando os usuarios e as usuarias, ao igual que o propio persoal dos centros sanitarios”. Desde o Bloque tamén responsabilizan da distuación que se está a vivir en Sanxenxo ao alcalde, Telmo Martín, a quen “lle pasa factura o seu nulo peso político perante outras institucións, aínda que estean gobernadas polo seu propio partido”. O grupo da oposición reprocha que o alcalde non sexa quen de atallar esta situación que “por desgraza non é nova e que se repite de xeito sistemático durante todo o ano”. Episodios coma esta provocan un malestar “patente e totalmente comprensible” entre a poboación, que, ademais, “ten que ver como o Partido Popular vende a bombo e platillo un proxecto de ampliación do Centro de Saúde de Baltar. O señor Martín debería aclara para que queremos un ambulatorio máis grande se non existe persoal para poder dar servizo á cidadanía”, conclúen os nacionalistas.

Publicacións Relacionadas