HomeVigoMosPor mor dun erro informátido houbo un erro no reconto das porcentaxes...

Por mor dun erro informátido houbo un erro no reconto das porcentaxes da proposta gañadora. Mandámola corrixida en vermello

- Anuncio -spot_img

O proxecto “Mellora no campo de fútbol de Louredo” gaña o proceso de orzamentos participativos “Mos Decide”

O Concello de Mos culmina con éxito o seu primeiro proceso de orzamentos participativos “Mos Decide”, un proxecto pioneiro de democracia directa que converte ao municipio nun dos poucos de toda España que deron este paso decidido cara á participación cidadá real.

Tralo peche do proceso de votación, o proxecto “Mellora no Campo de Fútbol de Louredo” resultou o máis votado entre as once propostas finalistas presentadas pola veciñanza mosense, elixido de maneira libre e transparente a través da plataforma https://decide.mos.es.

Esta proposta gañadora ten un orzamento de 200.000 euros e propón a realización dunha mellora integral neste campo de fútbol municipal.

O número total de votos emitidos neste proceso participativo foi de 2.247 votos, o que supón o 14,87% de porcentaxe de participación en Mos Decide 2026. A proposta do campo de fútbol de Louredo resultou gañadora con 541 votos (24,05%).

En canto ás propostas máis votadas, en segundo lugar nas votacións finalizou o proxecto do Aparcamento público na contorna do Pazo de Mos, Parque Pesqueira e Paseo do Louro, con 368 votos (16,39%) e, en terceiro lugar, finalizou o da mellora da seguridade e humanización dende a Capela San Amaro a Arrubial, con 305 votos (13,58%). En ámbolos dous casos o orzamento ascendía aos 200.000 euros.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou que “Mos Decide” é “un fito histórico para o noso municipio e un exemplo de confianza plena na cidadanía. Moi poucos concellos en España deron un paso tan ambicioso e comprometido coa participación veciñal. Mos está a facer historia coas persoas no centro das decisións”.

O proceso, aberto a todalas persoas maiores de 16 anos empadroadas en Mos, desenvolveuse ao longo de varias fases: presentación de propostas cidadás, avaliación técnica por parte do Concello e votación final, que estivo activa durante varios días.

A alcaldesa agradeceu “a implicación de todalas persoas que participaron, propoñendo, votando e facendo de Mos un referente de participación cidadá real” e anunciou que o proxecto gañador será incorporado ao orzamento municipal de 2026 para a súa execución.

Arévalo concluíu sinalando que “Mos Decide non é un punto final, é un punto de partida. Porque a mellor maneira de construír o Mos do futuro é facelo entre todos e todas”.

O acto contou tamén cunha intervención sobre o valor da participación cidadá na construción dun Concello máis aberto e colaborativo a cargo de Pedro Puy Fraga, doutor en Dereito e profesor titular de Facenda Pública na Universidade de Santiago de Compostela.

Publicacións Relacionadas