HomeVigoNigránO concello de Nigrán leva o saneamento a unha decena de rúas...

O concello de Nigrán leva o saneamento a unha decena de rúas de gran complexidade técnica

- Anuncio -spot_img

Operarios municipais e Aqualia traballan para dar este servizo a máis dunha trintena de fogares en Priegue, Nigrán, Parada, Panxón e Camos

Adicionalmente, o Concello ten en contratación o Camiño da Pousa (Parada), Pateira (Nigrán), e Carballeira (Camos) por importe total de 685.000 €

O Concello de Nigrán, a través dos seus propios operarios municipais e da empresa concesionaria Aqualia, rematou esta semana as obras para levar o saneamento a unha decena de rúas con gran dificultade técnica, o que beneficiará a máis dunha trintena de fogares que o viñan demandando. Concretamente, intervíuse en Priegue no Camiño do Tanque e do Lavadoiro (barrio de Rouxo), Condomínguez (única rúa non rematada) ; en Nigrán no Camiño das Angustias; en Camos no Centro Cultural A Camoesa a petición da propia asociación de veciños; en Parada no Camiño da Igrexa e Cabaleiros; e en Panxon no Largo de Sancho e Carregal. En total, o Concello investíu nestas 9 localizacións 150.000 € de fondos propios.

Adicionalmente, o Concello ten en fase de contratación para poder iniciar as obras antes de que remate o ano o Camiño da Pousa (Parada) por importe de 240.000 € e co obxectivo de dar servizo a 16 fogares, Pateira (Nigrán) por importe 295.621 € e Carballeira (Camos) por 148.850 €. As dúas últimas actuacións son a cargo da liña 1 do Plan + Provincia da Deputación de Pontevedra e benefician a unha trintena de familias. As tres rúas xuntas suman un investimento total de preto de 685.000 €.

Actualmente, a rúa Pateira (une rúa dos Pazos PO.332 coa igrexa de San Fiz), non dispón de saneamento e nalgúnhs dos seus tramos tampouco hai abastecemento. Por iso, o propósito das obras é conectar esta rúa coa rede existente, repoñéndose a continuación o pavimento afectado. Parte da actuación discorre por unha estrada autonómica, polo que é preciso a autorización previa da Axencia Galega de Infraestruturas (Xunta). Por outra banda, no camiño da Carballeira (núcleo de San Roque, en Camos), contémplase dotalo dunha rede de saneamento a través dun colector que discorra ata a derradeira vivenda situada no punto máis baixo da estrada, onde un pozo de impulsión bombeará as augas residuais ata a rede actual de saneamento na EP-2102 (cruce co torreiro de San Roque). A maiores, dotarase ao camiño de rede subterránea de baixa tensión que permitirá eliminar o tendido aéreo nun futuro e ensancharase e mellorarase o vial cun novo muro de contención e extendido de pavimento de formigón.

O Camiño da Pousa pertence ao barrio de Con (Parada), e a actuación vai desde a rúa do Castelo (PO-332) ata o cruce con Camiño de Valverde número 7, o que implica unha canalización de 500 metros de lonxitude en trazados rectos con pozos de rexistro que discorrerán por chan público e privado. As obras inclúen o fresado e demolición do pavimento existente, apertura de gabias, execución de arquetas de conexión, tubaxes, movemento de terras e escavación, asi como reposición de firmes e pavimentos.

“Todos teñen en común o feiro de ser tramos de saneamento pequenos pero de gran complexidade técnica, e así seguiremos actuando cos que vaian quedando pendentes ata cubrir o 100% do territorio”, resume o alcalde, Juan González.

Publicacións Relacionadas