HomeA CoruñaComezo das obras de construción da senda peonil da Igrexa a Castelo

Comezo das obras de construción da senda peonil da Igrexa a Castelo

- Anuncio -spot_img

A intervención, que ten un investimento de máis de 107.000 euros, está subvencionada na súa totalidade a cargo da Deputación da Coruña e contempla a realización dunha travesía peonil de 275 m de lonxitude e 1,80 m de ancho.

O obxectivo desta intervención é a mellora da conservación da infraestrutura viaria do municipio e mellorar as condicións de vida e de traballo no medio rural.

O Concello das Somozas deu comezo as obras de construción da senda peonil que unirá a Igrexa con Castelo.

Esta intervención, que conta cun investimento de 107.336 euros, está subvencionada na súa totalidade a cargo da Deputación da Coruña ao abeiro do POS+2024.

A finalidade da execución destas obras é a mellora e conservación da infraestrutura da rede viaria do Concello, así como a mellora das condicións de vida e de traballo no medio rural, facilitando a accesibilidade da veciñanza.

Esta obra contempla a realización desta travesía peonil de 275 metros de lonxitude e 1,80 metros de ancho. Ademais, contémplase a canalización de pluviais, alumeado público e telecomunicación. A maiores contemplase a mellora de 2 treitos para aparcamento, a plantación de 3 árbores e a colocación de 2 bancos de pedra granítica.

Tras a visita as obras, o alcalde, Juan Alonso, agradeceu “o apoio da Deputación que fan posibles estas melloras” e subliñou “a importancia destas actuacións para seguir mellorando as infraestruturas do municipio e facilitando o día a día da nosa veciñanza”.

Publicacións Relacionadas