HomeVigoO PorriñoO Porriño presenta a iluminación deste Nadal cun espectacular teito de luces...

O Porriño presenta a iluminación deste Nadal cun espectacular teito de luces de 30 metros e 75.000 microleds como gran novidade

- Anuncio -spot_img

 Dende o vindeiro 28 de novembro, este espazo habilitado na zona peonil, próxima ao Concello, acollerá un espectáculo diario de luces e son


 Instálanse, no casco urbano e en tódalas parroquias, máis de 150 arcos, preto dun millón de micro-LEDs e 2.176 elementos decorativos adicionais

O Concello do Porriño está a piques de concluír a instalación da iluminación de Nadal 2025. O proxecto aposta pola tecnoloxía LED de baixo consumo, fabricación europea certificada e sistemas de control horario que reducen o impacto enerxético e garanten unha iluminación segura e eficiente en todo o municipio.

A montaxe inclúe 157 arcos luminosos, 2.176 elementos decorativos, 990.422 unidades de micro-LEDs e unha superficie total iluminada de 27.650,43 metros cadrados, distribuída polo centro urbano, prazas e rúas principais, así como por diferentes puntos singulares de tódalas parroquias do municipio.

O alcalde Alejandro Lorenzo anuncia que o acendido oficial terá lugar o venres 28 de novembro e destaca que “apostamos por unha iluminación eficiente e sostible, pero tamén por crear novos reclamos que atraian visitantes e axuden á actividade económica. Así, un dos grandes símbolos do Nadal 2025 no Porriño será un sorprendente túnel de luces, que se converterá nun punto de encontro e un espazo que sorprenderá a veciños e visitantes”.

A principal novidade deste ano será ese teito de luces de 30 metros de lonxitude, 7 metros de alto e 8 de ancho, situado na rúa Ramón González, na zona peonil, próximo ao Concello. A estrutura que terá uns 75.000 microleds, ofrecerá todos os días, a unha hora establecida, un espectáculo sincronizado de luces e son, no que participará un grupo de baile que realizará unha coreografía especial creada para esta montaxe. A iluminación desta zona estará coordinada coas luces e decoración da Praza Arquitecto Antonio Palacios, creando un efecto envolvente e convertendo a rúa nun dos espazos máis atractivos do Nadal no Porriño.

Tamén se incorpora un photocall luminoso co nome “O Porriño” na Praza do Cristo, así como novos motivos ornamentais que combinan tradición e modernidade.
Aberta a inscrición para participar na Cabalgata de Reis

O Concello do Porriño facilitará nas vindeiras semanas o calendario completo de actividades, espectáculos e iniciativas de dinamización cultural previstas para acompañar a iluminación de Nadal. Con todo, xa está aberta a inscrición para participar na comitiva da Cabalga dos Reis Magos, unha convocatoria aberta a tódalas ANPAS dos centros educativos e asociacións culturais do Concello. As bases están publicadas e poden consultarse na web www.ecultura.net, dende a cal se pode descargar o formulario de inscrición, cuxo prazo de presentación permanecerá aberto ata o día 10 de decembro, a través da sede electrónica do Concello. Establécese un importe máximo de 3.600 euros destinado aos premios pola participación, que se repartirá seguindo rigorosamente a orde de inscrición.

Publicacións Relacionadas