A deputada de Infraestruturas e Vías Provinciais, Belén Cachafeiro, remarcou que con “este gran incremento da partida destinada ás estradas provincias seguimos avanzando para garantir que estas infraestruturas públicas, indispensables para a vertebración do noso territorio, estean en condicións axeitadas de seguridade”
Desde o ano 2023 e co orzamento aprobado para o vindeiro ano serán máis de 110 millóns de euros os recursos dirixidos polo goberno provincial á mellora das estradas de titularidade provincial
A Deputación de Pontevedra incrementa nun 56% os recursos destinados a Infraestruturas e Vías Provinciais, que ascenden no 2026 a máis de 38,2 millóns de euros. A deputada delegada do servizo de Infraestruturas, Belén Cachafeiro, remarcou que con “este gran incremento da partida destinada ás estradas provinciais seguimos avanzando para garantir que estas infraestruturas públicas, indispensables para a vertebración do noso territorio, estean en condicións axeitadas de seguridade”.
Cachafeiro subliñou que os recursos para o 2026 sumarán 13,7 millóns de euros máis que os consignados para este ano 2025 e servirán para “manter nas mellores condicións a nosa rede de estradas provinciais”. Deste xeito, a deputada destacou que se impulsarán investimentos directos en estradas provinciais por valor de 25 millóns de euros e reservarase unha dotación orzamentaria para a redacción do proxecto de conexión entre Redondela e Pontevedra da Vía Verde.
Desde o ano 2023 e co orzamento aprobado para o vindeiro ano, a deputada salientou que serán máis de 110 millóns de euros os recursos dirixidos polo goberno da Deputación de Pontevedra á mellora das estradas de titularidade provincial, que suma 1.700 quilómetros. Neste eido, recordou que, ata a data, con estes fondos públicos asináronse preto de trinta convenios con concellos para contar con vías máis humanas e impulsouse a contratación de máis de 50 obras para a mellora doutras tantas estradas provinciais. Tamén remarcou que de xaneiro a outubro deste ano, a Deputación de Pontevedra licitou 22,2 millóns de euros para obras públicas.



