Ao igual que o ano anterior, o servizo situarase no recinto da Sociedade de Burgueira
A unidade móbil de inspección técnica (ITV) de agrícolas desprazarase ao concello de Oia os próximos 11, 12 e 15 de decembro para atender aos vehículos que precisen pasar a súa revisión. Ao igual que o ano pasado, por mor das esixencias de maior espazo, a unidade da ITV estará dispoñible no recinto da Sociedade de Burgueira.
O horario de atención será de mañá e tarde os días 11 e 12 de decembro (de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas), mentres que o 15 estará só de mañá (de 9:00 a 13:30 horas). As persoas interesadas en solicitar cita para esta revisión de ITV destinada a tractores, remolques e máquinas autopropulsadas xa poden facelo chamando ao teléfono 902.30.90.00 ou na páxina web www.sycitv.com
O Concello lembra que esta inspección ten carácter obrigatorio para tódolos vehículos agrícolas (tractores, remolques e máquinas autopropulsadas) cunha antigüidade superior a 8 anos e tamén para aqueles cuxa inspección non se atope vixente.



