HomePontevedraSoutomaior presenta un orzamento inicial de 6,2 millóns de euros

Soutomaior presenta un orzamento inicial de 6,2 millóns de euros

- Anuncio -spot_img

En dous anos o Goberno liderado por Manu Lourenzo acadou un incremento de 1,5 millóns de euros no orzamento inicial

O alcalde, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Facenda, Diego Moreira, presentaron nesta xornada o orzamenento inicial para o 2026 que se levará a pleno extraordinario este venres 21 de novembro. Un orzamento inicial que supón un incremento inicial de 1,5 millóns de euros.

Un orzamento que propón un plan de investimentos que supera o medio millón de euros entre a partida de inversións reais e outras achegas.

Na actualidade en Soutomaior hai unha situación económica que permite que a día de hoxe haxa máis de 4 millóns de euros en investimentos e obras na rúa.

Neste senso Manu Lourenzo sinalou que “a boa situación económica do concello de Soutomaior, froito dunha xestión responsable, seria e rigorosa cun modo de xestionar a economía do concello que ten como principal obxectivo defender o interese xeral da veciñanza así como a responsabilidade no gasto e o control de fiscalización de ata o último euro que entra no concello”.

Alcalde e concelleiro destacaron un incremento en todas as partidas todas as partidas. Por exemplo na partida de actuación de protección e promoción social o orzamento chega a preto do millón de euros.

Unha xornada Diego Moreira lembrou que “no concello de Soutomaior viñamos de tempos no que os orzamentos se presentaban incumprindo a lei con retrasos que que facían que o orzamento non estivese aprobado ata abril ou maio. Agora mesmo Soutomaior cumpre os prazos de maneira escrupulosa e xestiona o diñeiro co rigor que a veciñanza merece” grazas a isto, lembrou o alcalde, Manu Lourenzo,  “Soutomaior pode ter unha axenda referencia na contorna e uns servizos que presta atención á veciñanza con moito máis persoal e investimentos que eran impensables hai apenas dous anos”

O alcalde tamén quixo sinalar que o feito de que Soutomaior teñan esta situación económica é bo para toda a veciñanza “votase a que votase” e nese senso quixo agradecer o traballo do funcionariado e persoal do concello en todo este proceso.

Publicacións Relacionadas