HomeDeputaciónsDeputación OurenseA Deputación entrega ao Banco de Alimentos unha primeira doazón de 7.000...

A Deputación entrega ao Banco de Alimentos unha primeira doazón de 7.000 quilogramos de patacas

- Anuncio -spot_img

A achega completarase en decembro ata alcanzar os 14.000 quilos deste produto, contribuíndo así a apoiar aos colectivos máis vulnerables, afirmou o presidente provincial, Luis Menor

A Deputación de Ourense entregou hoxe ao Banco de Alimentos 7.000 quilos de patacas procedentes da Finca A Antela, onde se desenvolveron durante a última campaña diversos ensaios agrícolas centrados na mellora deste cultivo estratéxico para a provincia.

O presidente da Deputación, Luis Menor, fixo entrega desta doazón ao presidente do Banco de Alimentos, Cecilio Santalices, nun acto no que tamén estivo presente o presidente do Inorde, Rosendo Fernández.

A entrega destes 7.000 kg de patacas completarse en decembro con outra achega, ata alcanzar os 14.000 quilos deste produto, anunciou Luis Menor, contribuíndo así a apoiar aos colectivos máis vulnerables e reforzar a seguridade alimentaria en Ourense.

O presidente provincial destacou que este acto evidencia a aposta da Deputación por unir investigación, produción agraria e acción social, impulsando unha rede económico-social que beneficia ao conxunto da provincia e reforza a valorización dos recursos rurais.

Publicacións Relacionadas