HomeDeputaciónsDeputación OurenseJorge Pumar amosa aos rapaces da Asociación Xuvenil Amencer o funcionamento da...

Jorge Pumar amosa aos rapaces da Asociación Xuvenil Amencer o funcionamento da Deputación

- Anuncio -spot_img

O deputado provincial Jorge Pumar participou esta mañá no “Parlamento infantil” organizado pola Asociación Xuvenil Amencer para achegar aos máis cativos o funcionamento dunha institución como a Deputación de Ourense. En concreto, Pumar amosou aos rapaces as particularidades do Salón de Plenos.

Esta actividade divulgativa e participativa busca achegar o funcionamento das institucións públicas aos máis cativos, afianzando así conceptos como o funcionamento dos plenos provinciais ou o labor que desempeña a Deputación, baseada na cooperación cos concellos da provincia. Jorge Pumar explicoulles estes conceptos e resolveu todas as dúbidas dos participantes, poñendo en valor a Deputación como “concello dos concellos”.

Publicacións Relacionadas