HomeDeputaciónsDeputación OurenseLuis Menor pon en valor Xantar como o “mellor escaparate” para promocionar...

Luis Menor pon en valor Xantar como o “mellor escaparate” para promocionar a calidade agroalimentaria ourensá

- Anuncio -spot_img

Na clausura da 26ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, e coincidindo co día dedicado á provincia de Ourense, o presidente da Deputación dixo que se pecha así o “mes máis ourensán do ano”

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou hoxe na clausura da 26ª edición de Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico e o “mellor escaparate” para promocionar a calidade agroalimentaria da provincia, dixo Luis Menor.

Esta última xornada de Xantar, dedicada á provincia de Ourense, puxo fin a unha das citas máis lonxevas do calendario feiral español sendo, ademais, a única feira internacional de turismo do país especializada en turismo gastronómico. 

Neste sentido, Luis Menor dixo que coa clausura do Salón péchase “o mes máis ourensán do ano: magostos, Premio Ourensanía e agora, Xantar”. Catro días de actividades en Expourense con 75 expositores, un mercado enogastronómico, tres restaurantes e máis de 120 actividades que incluíron talleres de cociña en directo, catas, degustacións e concertos.

Desde a Deputación de Ourense, ademais de ter o restaurante da provincia en colaboración con Cuevas e Coren cun menú elaborado a base de produtos ourensáns, tamén promocionou os recursos turísticos da provincia a través dun stand que contou cunha área específica destinada á Vía da Prata.

Xunto a este, estiveron os stands dos xeodestinos “Terras de Celanova-Serra do Xurés” e “Trevinca-Valdeorras”, xestionados polo Inorde. E, como novidade, promocionouse o Centro de Transformación para pequenas producións sostibles de Cantoña, posto en marcha pola Deputación, para dar a coñecer os seus servizos e captar a posibles novos usuarios. 

Un centro que amosa “o noso compromiso co sector primario provincial, conscientes de que é un dos piares do desenvolvemento económico da nosa provincia”, destacou Luis Menor, quen lembrou que xa se comercializaron en Xantar os produtos alí elaborados, o que demostra “que estamos traballando no camiño acertado”.

Publicacións Relacionadas