HomeA Coruña“Vergoñoso: un partido de futbol queda aprazado polas pingueiras no pavillón de...

“Vergoñoso: un partido de futbol queda aprazado polas pingueiras no pavillón de Miño”

- Anuncio -spot_img

A actividade deportiva prevista para esta última fin de semana no pavillón municipal de Miño, tivo que ser aprazada polas pingueiras.
A acumulación de auga facía imposible garantir a seguridade dos participantes, obrigando a suspender o evento #ante a indignación de clubs, usuarios e familias.
Este incidente pon de manifesto, unha vez máis, o estado de abandono e evidente falta de mantemento que sofren instalacións e servizos públicos do concello de Miño.
A situación resulta aínda máis polémica debido a que, o goberno municipal levou en agosto a pleno a reforma da cuberta, pero esta obra chega tarde. A deterioración xa se apreciaba en anos anteriores polo que a medida debeu de adoptarse moito antes.
A obra non se executou!
Isto pódese cualificar como “unha vergoña”, “abandono institucional” ou, “falta de compromiso” para actuar e cumprir coas reformas sometidas a consideración, e que poderían evitar suspender actividades deportivas por causas previsibles como é a choiva.
Unha vez máis preguntamos: quen xestiona as prioridades?, quen controla os gastos do goberno municipal? onde van parar os impostos dos cidadáns de Miño?
A xestión do goberno municipal queda en evidencia! o desgaste deste goberno faise notable!

Publicacións Relacionadas