HomeA CoruñaA Pobra acenderá o Nadal nun acto no que o actor e...

A Pobra acenderá o Nadal nun acto no que o actor e músico Serafín Marcos será o mestre de cerimonias

- Anuncio -spot_img

· Será o sábado, 29 de novembro, ás 18.30 horas na praza Alcalde Segundo Durán.

A Pobra acenderá o sábado, 29 de novembro, o seu Nadal. Farao en sentido literal, mediante a posta en marcha da iluminación do Nadal e a inauguración do clásico Belén na praza Alcalde Segundo Durán. Así o confirmou, esta mañá, a concelleira de Servizos Municipais, Estefanía Ramos, que revelou que o actor e músico noiés, Serafín Marcos, será o mestre de cerimonias no acto.

Durante a presentación desta mañá, a concelleira explicou que a iluminación é esencial para “ambientar o municipio polo Nadal, unha época de ledicia e de compartir tempo cos nosos seres queridos”. A edil incidiu en que elementos como as luces e a decoración funcionan, cada vez máis, “como un aliciente para que os veciños e veciñas saian das súas casas a pasear ou a facer as súas compras, estimulándose o consumo no tecido comercial e hostaleiro e dándolle vida á Pobra”.

O acto de acendido do Nadal será ás 18.30 horas e, a continuación, terá lugar a inauguración do Belén da Pobra do Caramiñal na praza do Emigrante. Un ano máis, o deseño e a montaxe desta recreación corre a cargo de María Sanmartín, unha das xardineiras municipais. Neste lugar haberá, ademais, chocolatada para os máis pequenos e pequenas.

Publicacións Relacionadas