HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece a través do cineclub Val Miñor Alice...

O concello de Nigrán ofrece a través do cineclub Val Miñor Alice Guy “Las aventuras de Jeremiah Johnson”

- Anuncio -spot_img

Como todos os últimos xoves de mes, a proxección terá lugar ás 20:00 horas no Cine Municipal da Ramallosa

O Concello de Nigrán ofrece este xoves 27 de novembro ás 20:00 horas nos Cines Municipais do Centro Comercial A Ramallosa e a través do Cineclub Val Miñor Alice Guy a película ‘Las aventuras de Jeremiah Johnson’ , protagonizada por Robert Reford e dirixida por Sydney Pollack. Está considerada pola crítica como unha obra mestra e un dos mellores westerns da Historia. Posteriormente haberá un coloquio a cargo do profesor Alfonso Castaño. A entrada é de balde ata completar o aforo. O cineclub proxecta películas todos os últimos xoves de mes ás 20:00 horas, mentres que o resto de filmes que ofrece os xoves e os sábados o Concello son ás 18:00 horas.

Despois de desertar da guerra entre Estados Unidos e México e hastiado da civilización, o soldado Jeremías Johnson decide deixalo todo e establecerse nas inhóspitas Montañas Rocosas. Establécese nun territorio dominado polos violentos indios Crow, onde, coa axuda dun vello trampeiro, aprenderá a sobrevivir en durísimas condicións. 

Publicacións Relacionadas