As inscricións pódense formalizar antes do 27 de novembro
Ao abeiro do XIX Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez, o Centro Cultural Lustres Rivas dará cabida a un obradoiro de gravado no martes, 2 de decembro, ás 16.00 horas.
Esta acción formativa de balde está dirixida a persoas a partir de 16 anos que se poden inscribir ata o 27 de novembro a través do enderezo electrónico culturaefestexos@ribeira.gal.
A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, manifesta que “establécense sinerxías cunha institución como é a Deputación da Coruña para seguir afondando no mundo do gravado do que o noso municipio.



