- A obra está creada e interpretada pola actriz Bea Campos
A programación especial polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, remata este sábado coa obra teatral “Chegar e encher”.
Esta obra é un canto ao fracaso, un divertido monólogo teatral de Bea Campos onde conviven a improvisación, a narración oral e o cabaré. Esta muller era unha nena adorable que tiña todo o que precisaba para ser feliz, pero que nalgún momento tomou decisións que a afastaron dese camiño para levala sobre as táboas dos escenario.
Chegar e encher é unha ácida e divertida reflexión sobre a imposibilidade de controlar as nosas vidas e a dificultade de encaixar nos roles de xénero marcados.
A obra dará comezo o sábado 29 de novembro ás 20:30h no Centro Cultural da Guarda.



