A proxección da longametraxe de Enrique Otero terá lugar no Auditorio municipal ás 20:30 horas
O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, remata este ano neste concello tralo seu paso por Marín, Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa
O Auditorio municipal de Covelo acolle este venres 28 de novembro ás 20:30 horas a proxección da longametraxe “Honeymoon”, de Enrique Otero. A actividade forma parte do Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Academia Galega do Audiovisual para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia.
A longametraxe “Honeymoon” conta a historia de Eva e Carlos, un matrimonio en destrución cuxo fillo Jonás é o único que manteñen en común. Cando este morre nun accidente absurdo a miles de kilómetros de casa durante unha visita aos avós paternos nos Estados Unidos, só a necesidade case física de repatriar o cadáver do seu fillo será o único que una a esta parella en ruínas.
A programación desta nova edición do Ciclo Mestre Mateo remata este ano no concello de Covelo, tras pasar por Marín, Salvaterra de Miño e Vilanova de Arousa. Ademais de “Honeymoon”, en Covelo no mes de novembro e decembro haberá proxeccións das longametraxes “As Neves” (30 de novembro) e “Xustiza artificial” (3 de decembro); e dos documentais “Aurora” (5 de decembro), “Filmei paxaros voando” (7 de decembro), “Prefiro condenarme” (10 de decembro) e “Salvaxe, salvaxe” (12 de decembro).



