HomeOurenseNogueira de RamuínA militancia escolle ao concelleiro Raúl Soto como novo presidente do PP...

A militancia escolle ao concelleiro Raúl Soto como novo presidente do PP de Nogueira de Ramuín

- Anuncio -spot_img

·      Luis Menor fixo unha chamada á participación na política local como un dos piares a coidar, xunto coa incorporación da mocidade, para que o PP siga gobernando en Nogueira de Ramuín e dándolle ao Concello “a estabilidade que ten hai décadas”

·      Agradecido á militancia local polo apoio e á dirección provincial pola confianza, Raúl Soto dixo sentirse “ilusionado” ante esta nova etapa para conseguir un partido que “fomente activamente” a participación de militantes e simpatizantes

O concelleiro Raúl Soto Martínez (Luíntra, 1973) foi elixido novo presidente do Partido Popular de Nogueira de Ramuín, durante o congreso celebrado por esta agrupación local e que contou coa participación do presidente provincial, Luis Menor; a vicepresidente, Marta Novoa; e a secretaria xeral, Sandra Quintas.

Luis Menor fixo unha chamada á participación na política local como un dos piares a coidar, xunto coa incorporación da mocidade, para que o PP siga gobernando en Nogueira de Ramuín e dándolle ao Concello “a estabilidade que ten hai décadas”. Coa elección de Raúl Soto, afirmou o presidente provincial, ábrese unha nova etapa no PP local que “ten que contribuír nas eleccións 2027 a superar as 53 alcaldías actuais e recuperar a maioría absoluta na Deputación”.

Luis Menor destacou que estes congresos serven para manter activo o partido ante calquera convocatoria electoral: “Compre estar alerta ante os continuos episodios de degradación política e moral que salpican, día si e día tamén, ao PSOE”.

Agradecido á militancia local polo apoio e á dirección provincial pola confianza, Raúl Soto dixo sentirse “ilusionado” ante esta nova etapa para conseguir un partido que “fomente activamente” a participación de militantes e simpatizantes. O xa presidente da agrupación local explicou que traballará ao carón do alcalde para conseguir dous dos obxectivos máis importantes que, o seu entender, ten Nogueira de Ramuín: ofrecer maior benestar aos maiores e mostrar á mocidade un rural atractivo para vivir e traballar.

Publicacións Relacionadas