HomePontevedraA LamaO David Carrera, de acoredo cos vendedores ambulantes, somete ao pleno do...

O David Carrera, de acoredo cos vendedores ambulantes, somete ao pleno do concello unha nova data de celebración para a feira da Lama

- Anuncio -spot_img

️ SERÁ O 4º VENRES DE CADA MES E COMEZARASE ESTE VENRES 28 DE NOVEMBRO.

O alcalde do Concello da Lama, David Carrera, someteu a consideración dos concelleiros presentes no Pleno da Corporación Municipal as conversas e negociacións levadas a cabo durante os últimos meses cos vendedores ambulantes co fin de repotenciar a Feira da Lama a través de incentivos que favoreceran a dinamización económica do municipio.

Dentro desas conversas cos principais representantes dos comerciantes ambulantes considerouse cambiar os días de celebración e pasalos do derradeiro domingo de cada mes ao CUARTO VENRES DE MES co fin de probar entre todos si unha nova data melloraría a afluencia de público. A primeira Feira farase entón o 28 de novembro próximo.

EXISTE UNHA ORDENANZA MUNICIPAL QUE HAI QUE CUMPRIR

David Carrera lembrou que “o Concello dispón dunha Ordenanza Municipal Reguladora da Venda ambulante que aprobamos no 2020 e que se fixo a instancias de Daniel Vidal, cando era concelleiro, e máis eu para trasladar a feira da rúa á Alameda e poñer as bases dun regulamento legal e seguro desta actividade que é a que nos permite e marca o procedemento a seguir”, recordou o alcalde.

ESTUDIO DUN TRANSPORTE PÚBLICO CIRCULAR

Tamén se decidiu o reparto de cartelería previa á celebración de cada evento para lembrarlle á veciñanza a celebración da Feira cada vez que teña lugar e tamén se estudiará coa empresa local de transportes e coa Xunta de Galicia a posibilidade de establecer un percorrido circular de transporte público durante o día de celebración das feiras. Este tema estaría suxeito á normativa autonómica de transportes e á disponibilidade da empresa.

Os distintos grupos manifestaron o seu apoio ás iniciativas levadas a cabo e o alcalde agradeceu aos concelleiros a receptividade amosada a esta iniciativa e manifestou o seu desexo de potenciar non so a Feira senón o comercio local para o cal estase aberto a coordinar co empresariado local todo tipo de actuacións que se lle poidan trasladar.

Publicacións Relacionadas