- Este 25N é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
A Guarda di non á violencia de xénero. Esta mañá, concentrouse na praza do Reló para unirse contra as diferentes violencias que se exercen contra as mulleres.
Durante a concentración, a concelleira de Igualdade, Susana Álvarez, recordou que “só podemos loitar contra a violencia, xuntos e xuntas”. Despois, alumnado de diferentes centros escolares, IES A Sangriña, San Xerome, Somascos e San José, pronunciaron as súas proclamacións e manifestos. Neles, reflexionaron sobre a violencia sexual, o medo, a presión estética…e a valentía das mulleres para pedir axuda e saír das situacións de violencia.
Antes de rematar o acto, o alcalde da Guarda, Roberto Carrero, invitou a “reflexionar sobre o significado da violencia de xénero”; ademais, recordou “ a importante labor do Centro da Información da Muller da Guarda, que loita cada día contra a violencia machista”. Como peche, gardouse un minuto de silencio para lembrar a todas as vítimas de violencia de xénero.



